En portadaÚltima hora

Roteiro polo corazón do Val do Glaciar de Prada

Terá lugar o vindeiro 21 de maio e será organizado polo Club Montaña Trives
Imaxe do val glaciar de Prada, no concello de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe do val glaciar de Prada, no concello de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

Espectaculares paisaxes modeladas polo xeo, pero tamén singulares pobos con arquitectura tradicional de montaña. Son algúns dos atractivos que agocha o Val do Glaciar de Prada, no municipio de Manzaneda. Por esta zona discurrirá un roteiro que o Club Montaña Trives organizará o vindeiro 21 de maio.

Será un percorrido de dificultade media, cunha distancia de 17,5 km e para o que se estima unha duración de 4:30h. O punto de partida estará na Cafetería o Cafeto de Trives ás 8:45h. Dende aí disporase dun transporte en autobús (prezo tres euros na saída) ata o inicio do roteiro. Tras rematar a andaina haberá un xantar no Hostal O Pendón de Manzaneda (cun custo de 12 euros por comensal).

Cartaz deste roteiro do Club Montaña Trives.
Cartaz deste roteiro do Club Montaña Trives.

As persoas interesadas en realizar este traxecto poderán inscribirse ata o vindeiro 19 de maio no enderezo electrónico club.montana.trives@gmail.com ou ben na Oficina de Turismo de Trives. Dende a organización tamén matizan que se recomenda levar roupa e calzado de montaña e que durante o roteiro farase un descanso, “pero non contaremos con avituallamento”.

Máis información:
www.concellodemanzaneda.es
facebook do Club Montaña de Trives

Artigos relacionados

Back to top button