ConcellosÚltima horaVilamartín

Rouban preto de 50.000 euros en mercadoría conxelada en Pescados Topi de Vilamartín

 

Un notable disgusto levábase a pasada madrugada o responsable da empresa valdeorresa Pescados Topi. Cando regresaba á súa nave, ubicada en Vilamartín, rozando ás 5h. deste 24 de decembro descubría que a cámara conxeladora estaba totalmente revolta e practicamente baleira. Faltaba unha gran cantidade de mercadoría conxelada, principalmente marisco.

“O roubo tivo que producirse entre as 00h., que foi cando marchamos da nave, e as 4:15h. porque cando eu regresei, que foi sobre as 4:45h. non vin absolutamente nada. De feito, entramos e cando lle dixen ao empregado que foise á cámara, que estaba pechada como se non tivese pasado nada, foi cando descubrimos o sucedido”, conta o responsable de Pescados Topi, Fernando Losada, que rapidamente puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil.

 

 

Segundo a primeira valoración realizada, o valor da mercadoría roubada podería situarse entre 30.000 e 40.000 euros. “A verdade é que escolleron moito. Leváronme gran parte do pulpo, o que é o marisco levárono todo: zamburiñas, todos os tipos de langostino, cigala de diferentes tamaños…”, explica Losada.

 

Artigos relacionados

Back to top button