ConcellosÚltima hora

Roubo e agresións a un veciño en San Juan de Barrio (Trives)

Ás 15h do 9 de outubro a Garda Civil de Trives, tiña coñecemento dun roubo e unhas lesións a un veciño de San Juan de Barrio no concello de A Pobra de Trives.

Segundo informan dende a comandancia da Garda Civil de Ourense, M.P.P. de 56 anos de idade e veciño de San Juan de Barrio, observou como dous varóns se apoderaban dun alambique do interior dunha casa vella da súa propiedade, e que posteriormente dábanse á fuga dun vehículo. Ante este acto o propietario da casa tratou de darlles alcance co seu vehículo, sendo agredido cun hacha e sufrindo cortes nunha perna, nas costas e nun brazo, lesións polas que foi trasladado en ambulancia do 061 ao CHUO de Ourense, con pronóstico reservado.

Artigos relacionados

Back to top button