CulturaEducaciónÚltima hora

A Rúa acolle unhas xornadas sobre rehabilitación psicosocial

O curso de extensión universitaria está sendo impartido na Aula Uned Valdeorras
Asistentesa o curso na Uned da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.
Asistentesa o curso na Uned da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

Unha vintena de alumnos asisten ao curso de extensión universitaria que se está impartindo na Aula Uned da Rúa.

Cun total de 10 horas (1 crédito de libre configuración para alumnado da Uned) e declarado de interese sanitario polo Sergas, o curso leva por título “Rehabilitación psicosocial en persoas con trastornos mentais crónicos. Experiencia en Centros de Rehabilitación Psicosocial” e arrancaba na tarde do venres 13 novembro.

A primeira das clases corría por conta do profesor-titor de Psicoloxía na Uned Ourense, Miguel Guerra Rodríguez, cunha disertación sobre “as persoas con enfermidade mental crónica: delimitación, problemática e necesidades” analizando novos criterios diagnósticos na intervención con persoas con trasnorno mental grave.

Miguel Guerra durante a primeira clase do curso. /Foto: Mónica G. Bellver.
Miguel Guerra durante a primeira clase do curso. /Foto: Mónica G. Bellver.

A primeira xornada completábase coas clases sobre “estigma na enfermidade mental” e “evolución da atención ao enfermo mental crónico” a cargo de Belén Núñez Rey (Diplomada en Terapia Ocupacional) e Aser López Saavedra (Diplomada en Educación Social).

Belén Núñez e Aser López serán asemade as responsables das clases na xornada de mañá, sábado 14 de novembro, sobre a evaluación funcional e planificación; áreas de intervención; e outros ámbitos da rehabilitación psicosocial (persoas sen fogar-prisións). O curso rematará en torno ás dúas da tarde tralo obradoiro sobre resolución de casos prácticos.

Artigos relacionados

Back to top button