DeportesÚltima hora

A Rúa acollerá a II xuntanza moteira de primavera

O encontro está organizado pola peña “A Manada” e celebrarase o 2 e 3 de abril
Participantes na primeira edición da xuntanza, o ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na primeira edición da xuntanza, o ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

Por segundo ano consecutivo, a peña moteira “A Manada” organiza a Xuntanza Moteira Primaveral Valdeorras, que terá lugar a primeira fin de semana de abril na Rúa.

O enconto arrancará o sábado día 2 en torno ás dez da mañá coa apertura de inscrición na cafetería Luna’s. Dese mesmo punto, na rúa Campogrande, sairá a ruta mototurística ás catro da tarde. A cea está prevista para as 21:45 horas e xa en torno ás 23:30 horas, sairá a ruta das antorchas.

O programa continuará o domingo ás once da mañá cunha nova ruta. E para as dúas está programado o xantar seguido da entrega de trofeos e sorteo de agasallos, coa despedida en torno ás cinco da tarde.

Tal como informan dende a organización, haberá zona de acampada (non cuberta) gratuíta no Aguillón, onde tamén se celebrarán a cea do sábado e o xantar do domingo.

Artigos relacionados

Back to top button