DeportesÚltima hora

A Rúa acollerá a III xuntanza moteira, do 28 ao 30 de abril

O encontro está organizado pola peña moteira A Manada e centrarase na zona do Aguillón
Asistentes á pasada edición da xuntanza moteira. Foto: Mónica G. Bellver.

Os motores das motos volverán soar pola Rúa na última fin de semana do mes de abril. Da man da peña moteira A Manada en colaboración co Concello, entre o 28 e o 30 deste mes celebrarase a III Xuntanza Moteira Primaveral Valdeorras. Unha xuntanza de afeccionados ás motos que incluirá rutas turísticas, xogos moteiros, ruta barítima pola localidade, ruta de antorchas,  sorteo de agasallos e moitas sospresas.

O programa arrancará o venres 28 de abril ás seis da tarde coa apertura de inscricións. Ás nove haberá unha pinchada popular e a partires das once, festa moteira. O sábado 29 de abril abriranse as inscricións ás nove da mañá e a ruta mototurística comezará ás catro da tarde. Ás sete haberá unha ruta barítima e xa de madrugada será o momento da ruta de antorchas. A festa continuará o domingo 30 de abril cunha nova ruta a media mañá e fin do evento tralo xantar.

A inscrición anticipada custa 25 euros (data límite 25 de abril) e na billeteira, 30 euros.

 

Cartel da xuntanza.

 

Artigos relacionados

Back to top button