DeportesÚltima hora

A Rúa, capital galega do campo a través

A área recreativa do Aguillón será escenario de tres citas autonómicas o domingo 28 de xaneiro a partires das 10:30h.
Proba de campo a través no Aguillón rues./ Foto: Carlos G. Hervella.

Triple cita autonómica na Rúa. O domingo 28 de xaneiro o circuíto do Aguillón será escenario do Campionato de Galicia de menore Memorial “Alejandro Lorenzo” a partir das 10:30h, logo virá o campionato galego Sub16 e Sub18 individual e de clubs de campo a través, e finalmente o Campionato de Galicia de Cross Curto de Clubs.

Estas competicións reunirán a preto de mil corredores na Rúa e moverán a unhas 2.000 persoas. Non é a primeira vez que este circuíto valdeorrés de cross acolle campionatos galegos, pero dende os anos 90 non se celebraba unha cita como a prevista para a derradeira fin de semana de xaneiro.

O programa deportivo, que será organizado a través da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), encetarase en torno ás dez da mañá e concluirá sobre as dúas da tarde. Entre os participantes non faltarán os atletas valdeorreses que tentarán cubrir todas as categorías en ambas probas. No caso do galego de cross curto, no que se compite por equipos en todas as categorías agás en junior, un dos claros obxectivos do Adas Proinor será o podio absoluto.

“Intentaremos estar nos postos de honra absolutos masculino e feminino, esa será a nosa meta sempre que nos respecten as lesións e podamos ter un equipo completo feminino nesa categoría”, adianta o presidente do Adas Proinor, Agustín González. No resto das competicións o club valdeorrés intentará facerse tamén con algún título.

Artigos relacionados

Back to top button