OurenseÚltima hora

A rúa Concello loce xa o seu novo aspecto, tras case seis meses de obras

Está aberta ao tráfico rodado dende esta tarde
A rúa Concello está aberta ao tráfico de novo, tras seis meses de reformas.
A rúa Concello está aberta ao tráfico de novo, tras seis meses de reformas.

Ourense recupera unha das súas principais vías de entrada ao centro. Tras as últimas inspeccións realizadas polos técnicos municipais, procedíase na mañá de hoxe a facer o acta de recepción da obra para, unhas horas despois, reabrir a infraestrutura ao tráfico rodado. A reapertura chega puntual e mesmo antes de tempo, tras cumprírense os seis meses previstos para as actuacións o vindeiro 16 de setembro.

O vial reábrese co mesmo sentido de circulación.
O vial reábrese co mesmo sentido de circulación.

“É unha das arterias de entrada do acceso ó centro, que usa o 90% da poboación da nosa cidade”, lembraba esta mañá o alcalde da cidade, Jesús Vázquez. El mesmo explicaba que a obra “quedou tal cal estaba no proxecto e en condicións óptimas para a súa apertura”. As actuacións foron cofinanciadas pola Deputación e supuxeron un investimento de 506.850 euros.

Texto e fotos: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button