CulturaCulturaÚltima hora

A Rúa conmemora o Día das Letras Galegas con actuacións de Abertal e Magín Blanco

O “Festival das Letras” terá lugar este mércores 17 de maio ás 20 horas
Membros de Abertal.

A escola de música e baile tradicional Abertal da Rúa súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas, cunha actuación prevista para este mércores 17 de maio. A partires das oito da tarde, o Centro Cultural Avenida acollerá o “Festival das Letras”, a súa particular homenaxe á cultura galega e ao escritor ourensán Carlos Casares. A entrada será gratuíta.

E só dous días máis tarde, a Biblioteca Municipal da Rúa acollerá, a partires das 12h. o espectáculo “Letras e Notas” de Magín Blanco. Esta presentación está especialmente pensada para o público infantil e nela o músico rues interpretará temas propios, adiviñanzas e pequenas historias para interactuar cos pequenos.

Artigos relacionados

Back to top button