ConcellosÚltima hora

A Rúa convoca o I concurso de fotografía “Olladas de igualdade”

A iniciativa enmárcase na celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo
Cartaz do concurso de fotografía.
Cartaz do concurso de fotografía.

O Concello da Rúa vén de facer públicas as bases da primeira edición do concurso de fotografía “Olladas de Igualdade” convocado con gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de Marzo. Tal como explican dende o propio Concello, o obxectivo do certame é “visibilizar o traballo da muller tanto o realizado de xeito remunerado como o non remunerado, así como destacar a necesidade da igualdade laboral entre mulleres e homes”.

A data límite para presentar os orixinais é o 2 de marzo e xa o día 8 darase a coñecer o fallo do xurado, establecéndose tres premios: un primeiro de 150 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro de 50 euros. Ademais, coas fotografías presentadas realizarase unha exposición conxunta no Centro Cultural Avenida.

As bases do concurso poder ser consultadas no tablón de anuncios do Concello así como na páxina web municipal arua.gal

Artigos relacionados

Back to top button