ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa di adeus ao Entroido entre responsos, berros e bocadillos de sardiña

A Ruada foi, un ano máis, a encargada da posta en escena do Enterro da Sardiña

Un ano máis A Rúa despedía o Entroido co velorio no adro da igrexa de Santo Estevo, a procesión pola Rúa Vella e a queima da sardiña na praza César Conti. Entre berros, choros, sermón e anacos de bica e torta de roxóns, numerosos veciños seguiron a parodia coa que A Ruada poñía o broche de ouro aos festexos na localidade valdeorresa. Entre os personaxes: as choronas de riguroso loito, dous cregos, o bispo e o monaguillo.

Tralo percorrido pola Rúa Vella coa “finada” que simboliza o fin do Entroido, o Enterro da Sardiña remataba na praza coa queima dos bonecos (sardiña de trampo e compadres) e posterior degustación de viño e bocadillos de sardiña por xentileza do Concello.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button