CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A Rúa, escenario do espectáculo “Carmiña, flor de Galicia” da Coral de Ruada

Esta formación poñía música en directo á proxección dun filme mudo de 1926, con guión do ourensán Antonio Rey Soto

Mentres aparecían as primeiras imaxes sobre a pantalla do Centro Cultural Avenida da Rúa soaba “Airiños, airiños, aires”, interpretado pola Coral de Ruada. Era a primeira das 46 pezas que podían escoitarse en directo ao longo da proxección do filme mudo “Carmiña, flor de Galicia”, dirixido en 1926 polo italiano Rino Lupo e con guión do crego e escritor ourensán Antonio Rey Soto.

Este singular espectáculo, que xa puido verse en Ourense, Allariz e Amarante (Portugal), chegaba a Valdeorras da man do grupo Abertal (co patrocinio do Concello da Rúa) e da Coral de Ruada o domingo 13 de marzo. Antes da proxección Manuel Durán, responsable de Abertal, agradecía a oportunidade de poder desfrutar desta actuación e tamén a recente concesión do Premio Prado Lameiro a esta asociación valdeorresa. De seguido interviña Emilio Rodríguez, en representación da Coral de Ruada, quen agradecía a invitación para poder estar na Rúa e lembraba a “boa relación que existe” entre as dúas formacións musicais.

Despois, apagábnase as luces e comezaba o espectáculo no que a Coral estivo dirixida por Xoán Antón Vázquez. Nel houbo temas instrumentais e vocais e tamén pezas interpretadas pola organista e pianista do grupo Irma Fernández.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información na edidión en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button