ConcellosÚltima hora

A Rúa estrea unha App móbil para interactuar cos veciños

“Smartville” está dispoñible na App Store para iOS e en Google Play para Android

La Rua ya es una Smart City!

Unha nova plataforma de interacción coa cidadanía, é o que vén de poñer en marcha o Concello da Rúa coa estrea da App para teléfonos móbiles “Smartville”. A aplicación, que se pode descargar tanto para iPhone como para teléfonos Android, require dun breve proceso de alta como usuario e da selección de “A Rúa” como concello de referencia.

Con esta ferramenta a institución municipal dá un paso máis no seu modelo de transparencia e de resposta rápida ante as inquedanzas dos rueses. Segundo a alcaldesa, Maria G. Albert “é o feedback cos habitantes da Rúa o aspecto específico que levou ao Concello a decantarse por esta aplicación frente a outras presentes no mercado”.

A aplicación, que se atopa agora mesmo en período de probas, ten unha estructura de catro apartados: perfil do usuario, con información actualizada do Concello; iniciativas, onde a cidadanía pode presentar propostas propias e o concello pode pulsar a opinión cidadá sobre distintos asuntos de interese; noticias, con información actualizada do día a día do Concello; e incidencias, desde onde os veciños poden remitir directamente información sobre avarías ou roturas de mobiliario urbano, xardíns, tránsito, lixo, limpeza viaria, alumeado público, beirarrúas, auga… e seguir en tempo real a súa resolución.

Artigos relacionados

Back to top button