ConcellosGalerías de fotos

A Rúa move o esqueleto a ritmo de cumbias e pasodobres nas festas do San Roque

As festas de San Roque da Rúa rematan cun bo sabor de boca. Cinco días de festexos para honrar ao patrón que deixaron aforo completo en máis dunha ocasión nas rúas da vila e no campo da festa. As verbenas concentraron a centos de persoas que decidiron achegarse a mover o esqueleto a ritmo de cumbias e pasodobres da man da Orquestra Fania Blanco Show e Cinema. O luns o programa conclúe cunha misa campestre, a música da Banda de Gaitas de Hedra, unha festa de auga para nenos e unha gran chocolatada gratuíta á noite, tras a actuación do Grupo Atenas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button