ConcellosGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

A Rúa rende culto a San Roque

A procesión co santo ata a capela centrou o día grande das festas na Rúa Vella

Despois do teatro, do concerto de Tornaxeira e da Volta Ecolóxica, o domingo 21 de agosto chegaba o momento central das festas na honra a San Roque, na Rúa. Pasadas as 13:30 horas e trala eucaristía na igrexa de Santo Estevo, a comitiva encabezada pola imaxe do  santo seguida por numerosos fegreses, comezaban a procesión ata a capela de San Roque onde a imaxe repousará ata o vindeiro ano.

O apartado musical do percorrido correu por conta da banda de música de Xinzo de Limia que tamén amenizou a sesión vermú e deu un concerto pola tarde na praza César Conti.

As festas continúan pola tarde coa actuación da orquestra Cinema e mañá, luns 22 de agosto (festivo local) será o día dos nenos con actividades para os máis pequeños e festa da auga pola tarde na praza, e o fin de festa no Campo de San Roque a cargo da orquestra Atenas, coa tradicional chocolada xa na verbena.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button