En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa revive o seu legado romano

A III Baco Festa inclúe unha feira de viños, artesanía e gastronomía instalada no Aguillón

Na Ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, poñíase en marcha a III Baco Festa. Ataviados á usanza romana o alcalde de Petín, Miguel Bautista, e a alcaldesa da Rúa, María González, xuntábanse no centro desta infraestrutura de orixe romana e selaban un pacto de amizade no mediodía do 13 de agosto. Dende alí, xuntos, e acompañados doutras autoridades (entre elas o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e o alcalde da Veiga e deputado provincial Juan Anta), iniciaban un traxecto ata o recinto feiral da Baco Festa, instalado na área recreativa do Aguillón.

Unha vez alí, visitaban os expositores das adegas participantes nesta edición, un total de doce: Santa Marta, A Coroa, Cooperativa Virxen das Viñas, D’Berna, Valdeiga, Adega José González González, Melillas e Hijos, Alán, Roandi, Joaquín Rebolledo, Sampayolo e María Teresa Núñez.

Asemade a mostra, que se desenvolverá do 13 ao 15 de agosto, complétase con multitude de stands de artesanía e gastronomía, así como cunha zona cultural, que recrea unha construción romana baixo o nome de “Os Manumitidos” (esclavos libertos) e amosa diversas imaxes vencelladas ao pasado romano da Rúa e de Valdeorras.

Ademais do apartado expositivo e de degustación, esta mostra organizada polo Concello da Rúainclúe unha serie de actividades paralelas como un desfile, obradoiros, concertos ao vivo e mesmo as Xornadas de Folclore.

Fotos: Sara Fontenla.

Artigos relacionados

Back to top button