Deportes

O Rúa-Valdeorras comeza a tempada con goleada en Carral

As valdeorresas vencían 0-9 á U.D. Carral no primeiro partido de liga na 2ª división galega
Plantel do Rúa-Valdeorras CF. /Foto cedida.

Tardaron en comezar a tempada, pero finalmente facíano e ao grande. 0-9 vencían as rapazas do Rúa-Vadeorras C.F. no seu primeiro partido da tempada, no campo coruñés da U.D. Carral.

Tal como explican dende o conxunto rues, este foi o primeiro partido oficial das coruñesas “nótase que están comezando pero teñen 4-5 xogadoras que apuntan maneiras”, di Isabel, destacando a actuación da porteira. Aínda así, o partido foi un monólogo de goles para as valdeorresas. Silvia adiantaba ao seu equipo xa no minuto 5 e a partires de aí, os tantos fóronse sucedendo: 1 gol de Isa, 2 de Carlota, 1 de Rafaela Allana, 1 de Noelia, 1 de Sandra, 1 de Silvia e 1 de Rafaela de Nunes.

A próxima cita para as amarelas e azuis será o vindeiro domingo 15 de outubro en casa, no campo do Aguillón contra Betanzos CF. O partido comezará ás 15:45h.

 

Artigos relacionados

Back to top button