CulturaCulturaÚltima hora

A Ruada abre este sábado a III Mostra de Teatro Afeccionado de Viana

Nas xornadas, organizadas polo grupo de teatro Candea, tamén participan Teatreir@s de Monforte e Xaime Prada de Vilamartín
Candea na anterior edición da mostra coa obra “Os cravos de prata”. /Foto: Carlos G. Hervella.

Coa obra “Mateo e as pulgas”, o grupo de teatro A Ruada da Rúa sube este sábado 22 de xullo, o pano da III edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Viana do Bolo, organizada polo grupo de teatro Candea en colaboración co Concello de Viana.

Con tres semanas de adianto con respecto á anterior edición que se celebraba no mes de agosto, a mostra constará de catro representacións na Casa da Cultura a partires das 21h.

Trala apertura do sábado, o domingo 23 de xullo tocaralle o turno ao grupo Teatreir@s de Monforte que porá en escena a obra “El avaro”. E xa na seguinte fin de semana, a última do mes de xullo, o sábado 29 actuará o grupo Xaime Prada de Vilamartín coa obra “El consultorio médico”; e o domingo día 30, os anfitrións, Candea de Viana coa súa obra “Almas sinxelas”.

Artigos relacionados

Back to top button