CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Ruada conquista ao público coa posta en escena de “O Velatorio”

A representación tiña lugar na tarde do 20 de maio no marco das VIII Xornadas de Teatro da Rúa

Un ano levaban os seguidores de A Ruada, esperando pola representación da súa última obra “O Velatorio” (o ano pasado tiveron que suspender a actuación por motivos persoais), pero mereceu a pena. Cunha inmaculada e moi elavorada posta en escena, o grupo de teatro rues conquistaba ao público presente no Centro Cultural Avenida, fiel á cita coas VIII Xornadas de Teatro que se están desenvolvendo dende o mes de abril.

Contra todo pronóstico, os actores aparecían en escena pola porta de entrada, dende o patio de butacas. E facíano coma se dun verdadeiro velorio se tratara, chegando co ataúde nun coche fúnebre aparcado enfronte do cine e levándoo a ombros ata o escenario, seguido polas mulleres de loito.

A partires de aí, arrancaba esta disparatada e irónica comedia sobre o velorio dun señor con cartos, chorado pola familia nun recuncho da casa, e aborrecido por criados e veciños aos que o finado non tratara demasiado ben en vida. Entre choros, risas e vasos de viño e augardente, desenvolveuse a obra arrancando risas e aplausos.

A seguinte cita coas xornadas será o vindeiro 27 de maio da man do grupo Aneis de Xinzo de Limia que porá en escena a obra “Malos tiempos”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button