En portadaÚltima hora

As rúas do Barco convértense en pasarelas

O CCA promove, por segundo ano, a campaña “Actualiza o teu estilo” con microdesfiles os días 26 e 27 de abril
Un dos microdesfiles do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos microdesfiles do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

No marco da campaña “Actualiza o teu estilo”, O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) desenvolverá os días 26 e 27 de abril unha serie de desfiles en ruta en diferentes puntos da vila. Nun principio, os desfiles estaban previstos para a semana pasada, sen embargo, a chuvia fixo que a organización tomase a decisión de aprazalos.

Nesta iniciativa, que se organizada por segundo ano consecutivo, participarán 18 establecementos, o que suporá un total de nove desfiles por día. Así para o 26 de abril están programados os seguintes:
– Librería Murciego ás 11h. (rúa Marcelino Suárez, 28)
– Pizpireta ás 11:30h. (Marcelino Suárez, 25)
– Pilardos ás 12h. (Doctor Pérez Lista, 6)
– Confecciones Elena ás 12:30h. (Rúa Real, 23)
– Boutique Suá ás 17h. (Doctor Pérez Lista, 38)
– Xoieiría Víctor ás 17:30h. (Praza Lauro Olmo, s/n)
– Mhussk by Trio’s ás 18h. (Marcelino Suárez, 25)
– Garoba ás 18:30h. (Marcelino Suárez, 25)
– Kiosco-Chuches Ale ás 19h. (Paseo do Malecón)

No caso do 27 de abril os desfiles serán nos establecementos:
– Miranda M ás 11h. (Conde Fenosa, 1)
– Miranda X ás 11:30h. (Eulogio Fernández, 5)
– Servimat ás 12h. (Eulogio Fernández, 72)
– Periódico O Sil ás 12:30h. (Conde Fenosa, 11)
– Zapatería Palpié ás 17h. (Conde Fenosa, 20)
– Ana Óptica ás 17:30h. (Estación, 11)
– Can Can ás 18h. (Estación, 14)
– Perfumería Ana de la Puente ás 18:30h. (Estación, 14)
– Estética Rocío Carracedo ás 19h. (Praza José Otero, 2)

Artigos relacionados

Back to top button