DeportesÚltima hora

Rubén Fernández pesca unha troita de 2.825 gramos no Sil ao seu paso polo Barco

Collíaa á primeira hora da mañá do domingo 17 de marzo, no inicio da tempada, na zona da Raña
Rubén Fernández coa súa troita de case tres quilos de peso a pé de río.

Cunha troita de 2.825 gramos vén de abrir a tempada de pesca o barquense Rubén Fernández. Collíaa a primeira hora da mañá do domingo 17 de marzo. “Era o primeiro día de pesca, fun ao río ás 7:15h. da mañá e picou sobre ás oito, na zona da Raña (O Barco). É unha troita macho autóctona do Sil e collina cunha culleriña prateada Vibrax do número 3”, comenta este mozo barquense que é afeccionado á pesca dende os dez anos.

Tamén explica que nesa xornada inicial da tempada de pesca houbo moi poucas capturas no Sil ao seu paso polo Barco. “Facía mal tempo e a auga viña moi fría”, matiza.

Fotos cedidas.

Rubén con Lili, sostendo a troita.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button