CulturaCulturaÚltima hora

Rubén Riós dirixe e produce a miniserie documental “Camiñantes do noso”

O proxecto audiovisual pon en valor a visión dos anciáns sobre o Camiño de Santiago

O actor e produtor Rubén Riós e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

 

Camiñantes do noso, produción de Claqueta Coqueta é unha miniserie documental de 10 capítulos no que o autor percorre as 10 etapas da Vía da Prata que separan A Canda de Santiago de Compostela. Neste percorrido, vai buscando a maxia da mirada dos anciáns das poboacións polas que pasa para destacar así a vontade, os ensinos, as tradicións e os recordos deste sector da poboación tan castigado pola pandemia da covid-19.

Os testemuños destas persoas viran en cada programa ao redor dun tema, como o Camiño de Santiago, o abandono rural, a soidade, a actual crise sanitaria, a familia, o orgullo galego, a violencia de xénero ou o emprendemento empresarial. Así, a través da visión dos anciáns, ponse en valor a identidade galega que se foi creando ao redor da cultura e da lingua que eles nos transmitiron. Os 10 capítulos de Camiñantes do noso iranse publicando semanalmente a partir do próximo venres, e ata o 5 de febreiro de 2021, no Portal da Lingua Galega, onde xa se pode ver un adianto da miniserie documental.

 

Un fotograma da miniserie “Camiñantes do noso”.

 

O proxecto, xurdido ao amparo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia que pon en valor a visión dos anciáns sobre o Camiño de Santiago, era presentado na mañá de onte, nun acto ao que asistía o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Rubén Riós, protagonista, autor e produtor do proxecto.

Como explicou Valentín García, Camiñantes do noso “ten o acerto de poñer en valor o papel da xeración dos nosos anciáns e anciás na creación da Galicia presente e futura, en destacar todo o que nos transmitiron”, indicou. Fixo especial fincapé no papel que a lingua e identidade galegas teñen nesta produción audiovisual e en poñer ás antigas xeracións como modelo, “porque as xeracións máis novas temos a responsabilidade de recoller ese legado e entregarllo aos que veñen detrás de nós”. Xunto co secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación

Artigos relacionados

Back to top button