A RúaConcellosO BoloRubiáÚltima hora

Rubiá, A Rúa e O Bolo, entre os concellos beneficiarios das subvencións aprobadas onte pola Deputación

Vista parcial da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, en sesión telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, concedeu onte máis de 650.000 euros en subvencións para cooperación con concellos e entidades, así como tamén para iniciativas de autoemprego no rural.

Con respecto á comarca de Valdeorras no ámbito da cooperación cos concellos, concedeu preto de 45.000 euros para a mellora da estrada de Teixido no concello de O Bolo e 184.000 euros para catro actuacións en Rubiá: tres achegas de 48.000 euros para pavimentación e reparación de pistas municipais e outra máis 40.000 euros para acondicionar espazos públicos.

No capítulo de cooperación con outras entidades, a Xunta de Goberno acordou achegar máis de 33.000 euros a Diócese de Astorga para pavimentar o terreo circundante á igrexa de Vilamarín de Valdeorras, e 53.000 euros á Escudería Ourense para a próxima edición do Rallye de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button