ConcellosÚltima hora

Rubiá celebra as súas festas na honra a San Bartolo

Terán lugar os vindeiros días 23, 24 e 25 de agosto

 

Vista de Rubiá.

 

Rubiá celebra esta fin de semana do 23, 24 e 25 de agosto, as súas festas na honra a San Bartolo. Haberá diversas opcións musicais e actividades de culto.

O grupo “Carta de ajuste” inaugurará esta celebración cun concerto o venres 23, ás 00:00 horas. Así, ao remate será o turno dunha disco móbil “ata que o corpo aguante”. O sábado 24, a orquestra Costa Dorada será a encargada de poñer o toque musical, mentres que o domingo, pechará as festas outra orquestra, neste caso a Suavecito.

No senso relixioso, o día grande será o sábado, día 24 de agosto, xa que terá lugar a procesión, ás 11:45 horas.

Artigos relacionados

Back to top button