ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá celebra o 25N cunha campaña de sensibilización que inclúe o reparto de camisetas

Ademais entregábanse sudadeiras aos comerciantes para que as levasen nesta xornada

 

No marco da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Rubiá desenvolvía unha campaña de sensibilización co lema “Rubiá contra a violencia de xénero” e implicando á comunidade educativa do municipio, así como ao pequeno comercio. Así, ás 10h. deste xoves repartíanse unhas camisetas para o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá, así como para o profesorado, coa frase “Non máis violencia contra as mulleres”.

Por outra banda, onte facíase entrega de sudadeiras (coa mesma frase) aos pequenos comerciantes para que no día de hoxe as poidan lucir xunto cunhas pegatinas para que as coloquen nas portas dos seus establecimientos.

 

 

Así mesmo a partir das 11h.  da mañá realizábase na Praza do Concello de Rubiá un reparto de camisetas a todo aquel que se achegase por esta zona “de xeito que se poda sensibilizar e concienciar á poboación sobre a violencia de xénero dende os máis pequenos e pequenas ata os máis maiores”, tal e como sinalan dende o Concello de Rubiá.

A esta campaña tamén se sumaban os traballadores das oficinas do Concello.

Esta campaña de sensibilización está organizada polo Concello de Rubiá con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button