EconomíaEconomíaÚltima hora

Rubiá celebrará os días 1 e 2 de decembro o seu III Mercadiño de Nadal

A súa inauguración está prevista para as 12:30h. do 1 de decembro na Casa da Cultura desta localidade
Imaxe da pasada edición do Mercadiño Navideño de Rubiá./ Foto cedida.

Produtos tradicionais, mel, doces, pan, licores, artesanía, obxectos de segunda man… Son algúns dos produtos que poderán atoparse as persoas que visiten na fin de semana do 1 e 2 de decembro o “3º Mercadiño Navideño” de Rubiá, que se instalará na Casa da Cultura da localidade.

Esta mostra, organizada polo Concello de Rubiá, inaugurarase o sábado 1 de decembro ás 12:30h. e poderá visitarse, tanto o día 1 como o 2 de decembro en horario de 12:30h. a 14h. e de 16:30h. a 20h. Ademais, o domingo día 2 ás 19h. procederase á entrega de premios do concurso de fotografía “Rubiá Outono sen filtros”. Este acto será tamén a clausura do mercadiño e nela haberá chocolate con churros para todos os asistentes.

Dende a organización tamén se indica que as persoas interesadas en participar cun posto neste mercadiño poden informarse nas oficinas do Concello de Rubiá, chamando ao 988 324146 ou ben no enderezo electrónico concello.rubia@eidolocal.es.

Artigos relacionados

Back to top button