ConcellosEn portadaGalerías de fotosRubiáÚltima hora

Rubiá dá a benvida ao Nadal co seu mercadiño na praza do Concello

 

Tralo parón do 2020 provocado pola pandemia do Covid, Rubiá recupera este ano o seu Mercadiño de Nadal que abría as portas na tarde deste sábado 4 de decembro.

Así, unha vintena de postos de artesanía, gastronomía e agasallos participan nesta quinta edición do mercado, para a cal se intalou unha gran carpa climatizada, na céntrica praza do Concello. Sobre todo hai postos con artigos decorativos (feitos con cera vexetal, con lá, con madeira,…) pero tamén hai plantas e adornos florais, prendas para bebés, bixutería, artigos de segunda mam, mel, doces, licores,… Tampouco faltan os postos de Asfaval e Ambi (asociacións de persoas con discapacidade intelectual e física, de Valdeorras e O Bierzo respectivamente).

O Concello de Rubiá, promotor da iniciativa, conta co seu propio posto e na xornada inaugural os asistentes puideron degustar unha chocolatada. Na xornada de mañá, domingo 5 de decembro, o mercadiño estará aberto de 12 a 14 e de 16 a 20 horas. Ademais, ás 19 horas haberá magosto.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button