ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Rubiá escenifica a Paixón de Cristo

Os veciños deste municipio valdeorrés representaban con gran realismo os últimos momentos de Xesús e a súa morte na tarde do Venres Santo

Co interrogatorio e xuízo no que Xesús é condeado á morte na cruz iniciábase na tarde do 19 de abril, Venres Santo, na praza da Baicela de Rubiá a escenificación da Paixón de Cristo. Despois viña o Via crucis e as caídas, o encontro coa Verónica e a crucifixión e morte, co posterior traslado á sepultura ao carón da igrexa.

Pasadas as seis e media da tarde un grupo de veciños de Rubiá, xunto ao seu párroco, representaban con gran realismo o momento máis duro da vida de Cristo, nun acto relixioso que foi seguido de preto por numerosas persoas. Este é un dos cultos centrais da Semana Santa de Rubiá.

Fotos: Torfy.

Artigos relacionados

Back to top button