En portadaÚltima hora

Rubiá incorpórase ao Programa de Vivenda Baleiras

Concello e Xunta asinan un convenio para crear unha bolsa de viviendas para alugueiro social
Panorámica de Rubiá. /Foto: Carlos G. Hervella.
Panorámica de Rubiá. /Foto: Carlos G. Hervella.

O alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez e a coselleira de Infraestruturas e Vivenda veñen de asinar un convenio para a incorporación do concello valdeorrés ao Programa de Vivendas Baleiras, que ten como obxectivo prioritario crear unha bolsa de casas baleiras para alugueiro social, incorporando as vivendas de organismos, particulares e empresas que non se atopen habitadas.

Tal como explican dende a consellería, “trátase de que o alugueiro resulte de interese, tanto para o arrendador como para o arrendatario: que ao propietario lle compense incorporar a vivenda baleira a este programa pola renda que vai recibir e que o beneficiario pague un alugueiro asequible que é compatible, ademais, con outras axudas que poida percibir, tanto do Concello, como da Xunta, como o Bono de Alugueiro Social”. O acordo asinado fixa un prezo máximo da renda do aluguer de 250 euros, cuxa contía virá determinada polas características da propia vivenda e polas circunstancias particulares dos beneficiarios.

As vivendas que se incorporan a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta, xa que se financian un seguro multirrisco do fogar e un de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica, para dar seguridade e tranquilidade aos arrendatarios.

Artigos relacionados

Back to top button