ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá recuperará o seu Mercadiño do Nadal o 4 e o 5 de decembro

 

O Mercadiño de Nadal do Rubiá retomarase na primeira fin de semana de decembro, os días 4 e 5. Deste xeito esta iniciativa, promovida polo Concello de Rubiá, cumprirá a súa quinta edición, logo do obrigado parón do 2020 pola pandemia do Covid. E farao ademais con novidades.

A primeira delas será o seu cambio de ubicación. Desta volta celebrarase nunha carpa que se instalará na praza do Concello de Rubiá. Nela instalarase diferetentes postos de produtos gastronómicos (pan, doces, etc.), así como de artesanía e agasallos. No momento de escribir estas liñas eran xa 10 os participantes confirmados, se ben a inscrición continuará aberta (chamando ao Concello de Rubiá, 988 32 41 46) ata a vindeira fin de semana.

“Non se cobrará por instalar o posto, pero o que si lle pedimos as persoas que poñan stand é que doen produtos para unha cesta de Nadal que se sorteará entre os clientes do mercadiño ao remate do mesmo”, explica Laura Iglesias, concelleira de Cultura de Rubiá.

O Mercadiño do Nadal abrirase ao público a partir das 16h. do sábado 4 de decembro e pecharase ás 20h. Ademais ás 19h. haberá chocolatada para os asistentes. Na xornada do domingo o mercadiño funcionará de 12h. a 14h. e de 16h. a 20 h. Ademais estará animado por unha charanga pola tarde e ás 19h. haberá magosto.

 

Artigos relacionados

Back to top button