ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Rubiá responde á chamada de Manos Unidas

Moita xente se reuníu no xantar solidario celebrado no pavillón municipal

Unha a unha, as delegacións de Manos Unidas van celebrando as súas actividades solidarias co fin de recadar cartos para os proxectos que ten en marcha en países como O Congo ou A India. Se hai uns meses tiña lugar un gran xantar no colexio de Sobradelo, o domingo 15 de maio celebrábase o tradicional “bocadillo solidario” en Rubiá.

Primeiro tiña lugar a misa, presidida polo párroco Herminio González, e de seguido arrancaba o xantar popular no pavillón polideportivo. Alí reuníanse numerosas persoas que un ano máis demostraron a súa solidaridade cos máis necesitados.

Sobre as mesas, toda clase de alimentos cedidos polos veciños; pendurados do teito, globos de cores en sinal do día de festa; e nun recuncho do pavillón, ata unha tómbola para o sorteo de artigos cedidos polos colaboradores. Foron os ingredientes cos que se elaborou a xornada festiva e solidaria que un ano máis contou co respaldo da poboación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button