En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Rubiá revive a Paixón de Cristo

Medio cento de veciños representaron, na tarde do Venres Santo, os últimos momentos da vida de Xesús

Son as seis da tarde e na praza da Baicela comeza a xuntarse a xente. Os actores, dentro do perímetro sinalado por cordas. O público, ao redor. Falta media hora para que comece o acto e o párroco Herminio González, dá as últimas instruccións, vanse retocando as indumentarias e ás seis e media en punto comeza a representación.

Así arrancaba un ano máis a escenificación da Paixónde Cristo o Venres Santo, o acto máis representativo e multitudinario da Semana Santa en Rubiá. Dende a oración no Monte dos Olivos, o xuízo e a condea a morte, ata a cricifixión e o traslado ao Sepulcro. Paso a paso, o medio cento de actores (veciños do pobo e arredores) percorreron boa parte da vila, representanto cada unha das estacións que levaron a Cristo coa cruz ás costas, polo camiño do Calvario.

Máis infromación no Especial Semana Santa do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button