SanidadeÚltima hora

Rubiá volve a concentrarse contra a perda dun dos médicos do seu Centro de Saúde

 

Como cada primeiro sábado de mes, os veciños de Rubiá concentrábanse o 5 de outubro diante da Casa da Cultura para manifestar o seu rexeitamento á perda dun dos dous médicos que tiña o Centro de Saúde deste municipio valdeorrés.

“Estas concentracións veñen celebrándose dende decembro, o primeiro sábado de cada mes, ante unha nula resposta a varios escritos enviados á Xerencia de Xestión Integrada, tanto a este xerente, como ao anterior”, segundo a Plataforma Sanitaria de Rubiá.

“Seguimos intentando darlle voz á protesta e á loita dos veciños do concello, que se senten ignorados e infravalorados polas políticas a realizar entorno aos recortes no rural”, aseguran dende a plataforma.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close