PolíticaÚltima hora

Rueda di que o “PPdeG avanza unido para ofrecer un proxecto de goberno que o avale para obter a quinta maioría”

Así o manifestaba na xunta directiva do PP de Ourense, na que estivo acompañado polo presidente provincial, Manuel Baltar

 

O candidato á presidencia do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmaba hoxe en Ourense que o seu partido, “coa suma de todos, avanza para ser aínda máis útil aos galegos e poder ofrecerlles un proxecto de goberno que avale aos populares para obter unha quinta maioría absoluta”. Así o manifestaba na xunta directiva do PP de Ourense, na que estivo acompañado polo presidente provincial, Manuel Baltar.

Segundo expresou, a organización “ten un camiño por diante que fará unido, con ideas, con ilusión e mirando cara adiante, pois non vai haber un PPdeG inmóbil ou á expectativa”. Nese senso, recalcou que “queda moito por conseguir” e que só se acadarán os obxectivos se todos se poñen desde xa en marcha: “Galicia espera o mellor de nós e eu necesito o mellor de vós para alcanzar a quinta maioría. Imos facer este traxecto xuntos”.

Alfonso Rueda tamén subliñou que a fortaleza dos partidos mídese en momentos como o que están a vivir os populares, “poñendo en valor a unidade e a solvencia demostrada polo PPdeG, unha evidencia para todos, incluso para a oposición”.

Igualmente, recoñeceu que el nunca daría o paso de presentarse a presidir a organización se non sentise desde o primeiro momento o cariño dos seus compañeiros. Sobre isto, explicou que “é necesario que todos dean un paso adiante” e que estean ao seu carón para que “o partido siga triunfando, incidindo na importancia da unidade, da estabilidade e de ter claro que só se deben aos galegos: As prioridades do PP e as de Galicia non van por camiños separados”.

Rueda recordou na súa intervención que en menos dunha semana pedirá á Cámara galega a súa confianza para ser investido presidente da Xunta, algo para o que a oposición xa avanzou o seu non sen nin sequera escoitar ningunha proposta.

Artigos relacionados

Back to top button