EconomíaEconomía

Rueda presenta as liñas xerais do orzamento de Vicepresidencia no 2015

Facíao nunha comparecencia no Parlamento de Galicia o 27 de outubro
Alfonso Rueda, no Parlamento  presentando os orzamentos e as liñas de actuación da Vicepresidencia para o ano 2015.
Alfonso Rueda, no Parlamento presentando os orzamentos e as liñas de actuación da Vicepresidencia para o ano 2015.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, explicaba no Parlamento o 27 de outubro as liñas xerais do orzamento do seu departamento para o vindeiro ano 2015. Neste senso indicaba que Vicepresidencia volveu reducir o gasto interno e a incrementar o investimento en xustiza, en emerxencias e en igualdade.

No vindeiro ano, aseguraba, mantense o compromiso coa Xustiza e farase un esforzo orzamentario de máis de 120 millóns de euros, o que supón un incremento de preto do 6 por cento respecto ao actual exercicio. Así, vanse reforzar os fondos para recursos humanos no eido xudicial, con máis reforzos nos xulgados galegos, unha Nova Oficina Fiscal que nos coloca á cabeza das autonomías; e a consolidación de prazas forenses no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Ademais, a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tamén continuará investindo nas infraestruturas xudiciais das principais cidades galegas, onde seguimos a facer fronte aos compromisos adquiridos, acompasando as anualidades ao importe e o ritmo de execución das obras.

En materia de emerxencias “consolídase un modelo público de cooperación entre administracións no que agora vaise realizar un esforzo na dotación de medios e na mellora dos servizos. No seu conxunto, os recursos destinados ás emerxencias e seguridade suman máis de 33 millóns de euros, un 72 por cento máis que neste exercicio”, segundo Vicepresidencia.

A través deste incremento, destacan dende esta administración autonómica, “reforzaranse os consorcios de bombeiros e os GES e se habilitará, entre outras, unha nova partida de 5,6 millóns de euros para dotar de novos medios para a prevención e xestión dos riscos máis habituais no noso territorio. Tamén se porá en marcha o novo edificio do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, un centro “modelo” que concentrará na Estrada todos os esforzos nesta materia”.

Artigos relacionados

Back to top button