Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Rueda visita a empresa ourensá Aceites Abril

Descataba que constitúe un “exemplo de boa iniciativa empresarial que apostou por Galicia para situar aquí a súa actividade e as súas instalacións”

Ata as instalacións da empresa Aceites Abril, no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, se desprazaba na mañá do 3 de abril o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto coa delegada da territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Visitaban esta industria ourensá, acompañados do seu xerente, José Manuel Pérez Canal, para coñecer de primeira man o traballo que leva a cabo. O titular da Vicepresidencia destacou que esta empresa ourensá, que xera máis de cen empregos, constitúe “un exemplo de boa iniciativa empresarial que apostou por Galicia para situar a súa actividade e as súas instalacións”.

Rueda tamén sinalaba que a “innovación tecnolóxica, a internacionalización e a competitividade das empresas galegas son os tres piares básicos polos que o Goberno galego segue apostando nun sector que está a xerar emprego e é un importante piar na dinamización da nosa economía”.

Artigos relacionados

Back to top button