ConcellosÚltima hora

Rueda visita A Rúa

O vicepresidente da Xunta reuniuse co seu alcalde, Avelino García
Alfonso Rueda, no Aguillón rues./ Foto: Carlos G. Hervella
Alfonso Rueda, no Aguillón rues./ Foto: Carlos G. Hervella

O Goberno galego aposta polo reequilibrio territorial e reparte en 2013 ao redor de 1,3 millóns de euros entre case medio cento de concellos, a maior parte deles concellos pequenos e do interior de Galicia, como é o caso da Rúa. Así o sinalaba neste concello valdeorrés o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda no mediodía do 19 de novembro. Neste sentido, na convocatoria deste ano as axudas concéntranse nos concellos das provincias de Ourense e Lugo; e no caso concreto de Ourense, os concellos da provincia acapararon máis dun terzo do investimento total desta orde, segundo se sinala dende a Administración galega.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, analizaba co alcalde rues, Avelino García, as distintas vías de colaboración en marcha entre o concello e a Xunta.

Rueda e Martínez visitaron a Casa Consistorial, restaurada hai uns anos grazas a una axuda da Consellería de Presidencia, e visitaron tamén os parques infantís de Fontei e Aguillón. Entre o ano pasado e este ambas áreas lúdicas recibiron 75.000 euros da orde de subvencións para que os concellos galegos poidan realizar infraestruturas de uso público.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button