DeportesÚltima hora

Ruta ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, o 6 de xullo

Esta andaina duns 9 km e dificultade baixa será organizada polo Club Montaña Trives

A próxima actividade deportiva que organizará o Club Montaña Trives será unha ruta de sendeirismo. Trátase do “Roteiro Mosteiro San Pedro de Rocas” e está previsto para o vindeiro 6 de xullo. A saída en autobús está programada para as 8:30h. dende a praza do Concello de Trives.

O traxecto a percorrer, o PR-G 4 Camiño Real de Pedro de Rocas-Esgos, terá unha distancia duns 9 km de dificultade baixa. E estímase a duración da ruta nunhas 2 horas e 45 minutos, aproximadamente.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición na Oficina de Turismo de Trives ou ben no correo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O seu prezo será de 25 euros para os socios e de 30 euros para os non socios, e inclúe avituallamento, autobús ida e volta e xantar no Restaurante Casa Elvira en Montederramo.

A data límite para inscribirse será o 3 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button