CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Ruta ata o monumental Foxo do Lobo de Entre Cabezas (Viana do Bolo)

 

É un dos tres foxos de lobo con tipoloxía en cruz que están documentados no mundo. Situado en Ardexaxe, o Foxo de Lobo de Entre Cabezas é unha monumental trampa, de orixe medieval, con catro paredes de máis de cen metros que converxen nun pozo de 3 m de profundidade.

Este conxunto etnográfico ten sido rehabilitado o pasado ano por parte do Concello de Viana do Bolo, nun proxecto a través do GDR Sil-Bibei-Navea que incluía a creación dunha ruta de sendeirismo. Este percorrido incluíase na sección “A Ruta” na contraportada da edición en papel de outubro do Periódico O Sil.

Vídeo da ruta ata o Foxo de Entre Cabezas

Artigos relacionados

Back to top button