En portadaÚltima hora

A Ruta da Ribeira Sacra celebrará en Manzaneda o Día Europeo do Enoturismo

Os actos inclúen unha andaina pola ruta de sendeirismo Souto de Cesuris (PR-G 137) o día 13 de novembro
Unha das panorámicas de Manzaneda que poden verse durante a ruta de sendeirismo Souto de Cesuris./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das panorámicas de Manzaneda que poden verse durante a ruta de sendeirismo Souto de Cesuris./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre paisaxes de montaña, viñedos en bancais e soutos discurrirá a proposta coa que a Ruta da Ribeira Sacra celebrará o vindeiro 13 de novembro o Día Europeo do Enoturismo. Será en terras ourensás, en máis en conncreto en Manzaneda, cun percorrido pola ruta de sendeirismo Souto de Cesuris (PR-G 137).

O punto de encontro dos participantes será Monforte de Lemos ás nove da mañá no aparcamento do Parque de los Condes ou ben no “punto de inicio da ruta en San Miguel de Bidueira”, segundo a organización. A xornada inclúe a realización da citada ruta, de carácter circular e cuns 11 kms de recorrido (dificultade media-alta).

Tras o traxecto, os camiñantes desfrutarán dun xantar no restaurante La Viuda de Trives, cun menú a base de produtos de tempada maridados con viños da Ribeira Sacra. O programa completarase coa visita á Adega Ponte da Boga, no veciño concello de Castro Caldelas. A actividade ten un csuto de 20 euros por persoa.

Máis información e inscricións: rutavino@ribeirasacra.org

Artigos relacionados

Back to top button