EconomíaEconomíaÚltima hora

Ruta de sabores co VII Quiroga de Tapas, do 22 ao 30 de marzo

Nesta edición, que se inaugurará o día 22 ás 19h no Bar Quiper, participan 13 establecementos de hostalaría deste municipio lucense
Unha das tapas da pasada edición de “Quiroga de Tapas”./ Foto: Carlos G. Hervella.

Arranca unha nova edición de Quiroga de Tapas. Será xa a sétima e desenvolverase do 22 ao 30 de marzo. Esta iniciativa gastronómica, que promove o Concello de Quiroga a través da Área de Xuventude, inaugurarase o día 22 ás 19h no Bar Quiper. No acto contarase con representantes da Corporación quiroguesa e tamén co presidente da Asocición de Hostelería da Provincia de Lugo, Cheche Real, así coma coa delegada da Zona Sur de Lugo Dona Beatriz Vila.

Os trece establecementos que este ano participan, presentaron xa a tapa coa que van participar. Trátase de:

ADEGA DA MARÍA: Aires de Limón
AS PALMERAS: Pecata Minuta
QUIPER: Cachopo, qué?
RAPOSO: Salmón acompañado de Castañas do Courel
RUXE-RUXE: Pote de Alubias con Almejas e Bacalao Fresco
LAGO: Cogomelos Recheos Estilo San Xacobo
FÉLIX: Solombo con Crema de Boletus e Redución de Mencía
en Flor de Pataca
ROXO VIVO: Tenreira Galega Glaseada con Tinto de Quiroga,
Puré de Patacas e Cenoria.
TORRES: Asado de Carne que Pin, que Pan. Uh! Ja!
CHAPA: Catro Estacións
DIMAR: O Ben Querido
A PEDRA: Ensalada Templada de Pasta, con Piquillo, Queixo
e Langostinos
FERREIRIÑO: Interpretación de Polbo a Feira con Aceite de Quiroga

Na presente edición haberá ademais numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes. Así poden optar os seguintes premios:

– 300 Euros en metálico
– Cea para dúas persoas na Ferrería de Rugando (Quiroga)
– Parrillada de carne para dúas persoas en Parrillada Torres (Quiroga)
– Xantar ou cea para dous en Chapakuña 3 (Quiroga)
– Estancia na Aldea Rural “O Busto” para cuatro persoas (Pobra do Brollón)
– Almorzo especial para dúas persoas en Chokolat (Monforte)
– Cea degustación para dúas persoas en Abadía San Simón (Campo de golf en Monforte)
– Xantar para dous en O Viñedo (Monforte)
– Xantar para dous en Tapería Brancellao (Monforte)
– Un xantar ou cea para dous en Manuel Bistró (Monforte)
– Un almorzo especial ou merenda para dúas persoas en El Jardín de las Delicias (Monforte)
– Produtos típicos de Quiroga: Caurelor, Cervexa Curriña, Lar de Ricobao, Porvide e Rego Natura

Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibirá 100€ e unha placa conmemorativa.

Artigos relacionados

Back to top button