DeportesÚltima hora

Ruta de sendeirismo de “San Xoán” en Vilariño de Conso

Está programada para o vindeiro 24 de xuño e partirá da ruta fluvial desta localidade
Vista do pobo de Sabuguido (Vilariño de Conso), polo que pasará a andaina de "San Xoán"./ Foto: Carlos G. Hervella.
Vista do pobo de Sabuguido (Vilariño de Conso), polo que pasará a andaina de “San Xoán”./ Foto: Carlos G. Hervella.

Camiñando celebrarase o día de San Xoán no municipio ourensán de Vilariño de Conso. Para o 24 de xuño está prevista unha ruta de sendeirismo que partirá dende a praia fluvial desta localidade ás 18h. A partires de aí o roteiro pasará polos pobos de Sabuguido, Edrada, Entrecinsa e, finalmente, regresará a Vilariño. Dentro do traxecto establecerase un punto de avituallamento en Edrada.

Ao remate do percorrido haberá sardiñada na praia fluvial amenizada coa actuación da Charanga Nova Terra de Trives.

Cartaz da actividade.
Cartaz da actividade.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse no Concello de Vilariño de Conso. O prezo das inscricións será de 10 euros para os adultos e de 5 euros para os menores de 10 anos. Este roteiro será organizado polo Concello de Vilariño de Conso en colaboración coa Asociacion Cultural Xuntos polo Folión.

Artigos relacionados

Back to top button