En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ruta de suntuosas paisaxes cargadas de historia ata o Castelo de Cerveira (Vilariño de Conso)

Medio cento de persoas realizaban na tarde do sábado este percorrido, nunha actividade organizada por Vive Vilariño

 

Dende Pradoalbar (Vilariño de Conso) partía ás 15:30h. do sábado 3 de abril unha ruta na que se engarzaba deporte, natureza e patrimonio e que tiña como destino o xacemento arqueolóxico do Castelo de Cerveira. Eran 10 km dun fermoso traxecto no que participaban 50 persoas e no que se gardaban en todo momento as medidas de seguridade sanitarias.

 

 

Esta ruta permite descubrir a paisaxe deste entorno de montaña, pero tamén a súa memoria a través de diversos restos arqueolóxicos de diferentes épocas, “tales como unha ponte ou unha fortificación levantada con rochas de lousa, así como vestixios de cabanas e habitáculos”, tal e como se destaca dende a Asociación Vive Vilariño, organizadora da ruta.

Con esta iniciativa esta entidade aposta por “poñer en valor dita ruta, camiñando por estes montes”.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button