En portadaÚltima hora

Ruta do volframio e dos fuxidos en Trevinca

Partirá o 27 de abril ás nove da mañá dende Vilanova (A Veiga) e pasará polo Maluro, Crestón Lombo do Roncín, Foxo do Castaño e Pontón de San Xil ata Casaio
Imaxe do cartel promocional da ruta.

Polas paisaxes que décadas atrás estaban ligadas ao estratéxico volframio e polas que transitaban os fuxidos pasará o percorrido de alta montaña que propón para o vindeiro 27 de abril o Club de Montañismo Montañas de Trevinca da Veiga. Trátase da “Ruta do volframio e dos fuxidos”, que partirá ás 9h. dende Vilanova (A Veiga), onde se explicará o itinerario, que pasará polo Maluro, Crestón Lombo do Roncín, Foxo do Castaño, Pontón e ermida de San Xil ata Casaio (Carballeda de Valdeorras). O regreso ata A Veiga farase en autobús.

“Con esta interesante e clásica “Alta Ruta de Montaña” preténdese dar a coñecer dous feitos moi enraizados na historia destas montañas, o volframio e os fuxidos. Este mineral está incluído dentro das razóns táctico-económicas do noso país dentro dos episodios da segunda guerra mundial. Os fuxidos (tamén coñecidos como maquis) despois da nosa guerra civil foron os protagonistas de moitos episodios que aínda hoxe están moi presentes na memoria dunha boa parte dos anciáns destas terras”, explican dende a organización da ruta.

A dirección técnica e guía correrá a cargo de Juanjo Lorenzo e Antonio Fernández “Cholo”. As persoas interesadas na actividade poderán realizar a súa inscrición ata o vindeiro 25 de abril ás 15h. no teléfono 616 54 69 72 ou no correo club@montanasdetrevinca.es. O custo da mesma será de 6 euros para socios con licenza federativa, de 12 euros para socios sen licenza federativa, de 15 euros para non socios con licenza federativa, de 20 euros para non socios sen licenza federativa e de 8 euros para non socios sen licenza federativa menores de 16 anos.

Artigos relacionados

Back to top button