DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Ruta en bicicleta entre O Barco e A Rúa

Alumnos de 3º e 4º da ESO do colexio Divina Pastora participaron nesta actividade do departamento de Educación Física

Por segundo ano e dentro do programa anual de actividades de Educación Física, un grupo de preto de 40 alumnos de 3º e 4º da ESO do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, participaban na ruta en bicicleta ata A Rúa (ida e volta).

A comitiva, coa profesora Marta á cabeza e acompañada por membros da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil do Barco, saía dende o colexio ás 10:30 horas do xoves 19 de maio. De aí pasarían por Viloira ata a Arnado, Vilamartín de Valdeorras, Petín e A Rúa, con xantar na área recreativa do Aguillón, e regreso ao Barco en torno ás 14:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button