DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Ruta nocturna á Cabalar entre romanos, castrexos e trasnos

Un cento de persoas participaba nesta primeira camiñata teatralizada do verán trivés

Noite de camiñata a Cabalar, maxia e moitas sorpresas. O 29 de xullo tiña lugar a primeira das andainas nocturnas teatralizadas organizadas polo Concello de Trives dentro do programa de actividades deste verán. Nela participaban preto dun cento de persoas. O grupo partía ás nove da noite dende a Oficina de Turismo, en Santa Leonor, acompañado por dous guías, un deles vestido de romano e poñendo o punto cómico entre os asistentes.

Xa durante o percorrido cara a Ponte Cabalar ían aparecendo trasnos, que corrían de árbores en árbore, un grupo de castrexas… as sorpresas eran constantes. E cando os camiñantes chegaban á Fábrica de Chocolate, atópabana toda iluminada e vían cómo as pantasmas dos traballadores agardaban á numerosa visita.

Xusto neste punto, os participantes descansaban un anaco e repoñían forzas con chocolate e bica (“o tradicional postre de A Pobra de Tives”)para todos. E cando retomaban a marcha atopábanse coa Santa Compaña en procesión. A teatralización completábase cunha escea na que os “maquis” se atopaban coa Garda Civil, que lles daba o alto.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button