DeportesSen categorizar

Ruta nocturna “Os Mouchos”, no Barco

Esta andaina desenvolverase o vindeiro 11 de xullo neste municipio valdeorrés
Cartaz desta marcha nocturna do Barco.
Cartaz desta marcha nocturna do Barco.

Os afeccionados ao sendeirismo teñen o vindeiro 11 de xullo unha cita no Barco. O Club Peña Trevinca prepara, en colaboración co Concello, a sétima edición da andaina noctura “Os Mouchos”.

A partir das 22:30 os participantes comezarán a concentrarse na porta do edificio de usos múltiples do Concello do Barco para confirmar a inscrición. A saída está prevista para as 23:15h. e a partir de aí os camiñantes afrontarán unha ruta de 10km, durante a cal haberá avituallamento.

As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición ata o mércores 9 de xullo de 2014 ás 14 horas dos seguintes xeitos: Casa da Mocidade do Barco (en horario de 9 a 14h.) ou nas páxinas web www.concellodobarco.org e www.clubtrevincabarco.org.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button