ConcellosEn portadaÚltima hora

Ruta ornitolóxica “As Cores de Trevinca-primavera” pola Serra Calva

Esta actividade terá lugar o 25 de maio e está promovida polo Club Montañismo Montañas de Trevinca
Imaxe do cartel da actividade.

Deporte, paisaxe, montaña e ornitoloxía. Son os ingredientes da próxima actividade que organizará o Club Montañismo Montañas de Trevinca. Trátase da Ruta ornitolóxica-Serra Calva “As Cores de Trevinca-primavera”, que está programada para o 25 de maio.

O punto de partida do percorrido será Corzos (A Veiga) ás 9h. (Hotel Aira da Petada). Dende aí iniciarase un traxecto de montaña que pasará polas Lagoas das Tablillas, a Mallada dos Currais, a Lagoa de Pichos, o Pico Ocelo, Lagoas de Carrizais e Laceira, Bidueiral de Xares e Seoane. O regreso ata Corzos farase en vehículo.

“Acompañando a esta actividade deportiva, durante o percorrido se realizarán unha serie de charlas sobre variados aspectos ornitolóxicos, con traballos de campo sobre o recoñecemento das nosas aves das Montañas de Trevinca-A Veiga”, explican dende a organización.

As persoas interesadas en participar poden inscribirase a través da páxina web www.montanasdetrevinca.es ou no correo club@montanasdetrevinca.es. Os prezos serán os seguintes: 6 euros para socios con licenza federativa, 12 euros para socios sen licenza federativa, 15 euros para non socios con licenza federativa, 20 euros para non socios sen licenza federativa e 8 euros para menores de 16 anos non socios sen licenza federativa.

“Con esta interesante ruta pola ZEPA Pena Trevinca (Zona e Especial Conservación de Aves) queremos dar a coñecer unha zona ornitolóxica de moi grande interese, e unhas lagoas glaciares no conxunto do segundo lugar de importancia en España”, destacan dende o club organizador, que conta co colaboración do Concello da Veiga. Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button