CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ruta por Córgomo cos nenos do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín

 

Continúan os percorridos culturais por Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), a aldea natal de Florencio Delgado Gurriarán, para coñecer un pouco máis sobre o entorno no que o poeta homenaxeado nas Letras Galegas 2022 pasou os primeiros anos de vida.

A actividade, organizada polas Letras Galegas e dirixida aos centros educativos da comarca, comezaba o mércores cos alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras e na mañá deste venres día 13 eran os nenos do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín os que percorrían diferentes recunchos da aldea, guiados por Fernando Santalla.

A saída tiña lugar ás 9:30h. dende Baxeles e a visita xirou en torno aos lugares que tantas saudades poéticas lle inspiraron ao poeta, visitando casas emblemáticas e tamén espazos naturais (soutos de castiñeiros, viñas,…). Así, ademais de historia sobre Florencio e a súa aldea natal, os cativos descubriron detalles e curiosidades de plantas silvestres que foron atopando polo camiño e por suposto de vides, un dos eixos da poesía do literato valdeorrés.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button