Vilariño, Sabuguido, Edrada, San Mamede, Pradoalbar, Encoro do Cenza, Mormentelos e Encoro do Vao. Son os diferentes puntos polos que pasará a I Ruta turístico-cultural para motos e quads, que se levará a cabo o vindeiro 29 de outubro no municipio de Vilariño de Conso.
Organizado polo Concello en colaboración con CeltAventura (Polaris Ourense), a ruta sairá ás 10 horas do sábado dende a praza do Concello e terá un percorrido duns 70 quilómetros, con almorzó en Pradoalbar, xantar (15h.) no Marcolongo e visitas ao Museo Entográfico e ao Centro de Inerpretación dos Cogumelos (17:30h.).
A inscrición custa 30 euros e pode facerse no Concello de Vilariño (50 prazas limitadas por ode de anotación) con cea popular e festa con dj (20:30h.) incluída. Á cea poderá asistir quen o desexe, aínda que non participe na ruta, previo pago de 5 euros.
Máis información nos teléfonos: 988 34 03 02 e 988 34 00 90.